luns, 5 de xuño de 2023

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

 Hoxe 5 de xuño celebramos o Día do MEDIO AMBIENTE e ten por finalidade sensibilizar a poboación  mundial sobre a importancia de coidar os nosos ecosistemas e fomentar o respecto cara o medio ambiente.

Por todo o anterior é que publicamos un vídeo das actividades que dende o colexio Agro do Muiño levamos a cabo de cara a poñer o noso gran de area nesta tarefa tan importante: Tomar conciencia que os recursos naturais se esgotan,  do consumo responsable, do cambio climático, da necesidade de reducir a contaminación...

Ao longo deste curso realizamos actividades de reciclaxe; reutilización e redución de materiais (creación de obxectos con materiais de refugallo, redución de plásticos nas merendas...); actividades de contacto coa natureza (andainas ambientais e nalgunhas delas realizamos visitas á dúas depuradoras; coidado dos xardíns do patio do colexio; plantación no invernadoiro; plantación de sementes, plantas e árbores, merendas na natureza, coidado dos vermes de seda...)

Estas son algún exemplo do que podedes ver no seguinte vídeo se clicades na imaxe.