venres, 16 de decembro de 2022

A FLORA E A FAUNA NO AGRO

 Coa chegada do outono os rapaces e rapazas de 6º de Educación Infantil puxéronse as botas.  A finais do curso pasado plantaron cenorias no invernadoiro e agora chegoulles o tempo de recolectalas.

Pero mentras estaban a arrancar nelas atopáronse con algunha sorpresa inesperada... as miñocas.

A continuación veremos unha mostra do que viviron mentras recolectaban as cenoiras.




domingo, 11 de decembro de 2022

No agro reciclamos


O consumo deixa pegada e dende o Agro queremos deixar o noso gran de area.

Os rapaces e rapazas de 1º B e 3º B ensínannos que é fácil aplicar as  3 R (reciclar, reducir e reutilizar).

 Os máis pequenos queren darnos un pequeno susto cuns lobos que crearon a partir de follas secas.



    Pero, non todo vai ser de medo... E para deixarnos bo sabor de boca dannos un pequeno agasallo.





    E para rematar, os rapaces e rapazas de 3º B realizarán unha viaxe ao espacio.


















Case se nos olvidaban as cabazas que fixeron os rapaces e rapazas de 3º B con corchos e un pouco de pintura laranxa. 



Fai clic no seguinte vídeo para ver unha pequena mostra dos traballos realizados 



martes, 6 de decembro de 2022

MANUALIDADES NAVIDEÑAS CON MATERIAL DE REFUGALLO

Por estas datas, vaiamos onde vaiamos, as rúas e os comercios están de gala. Todo está iminado con brillantes luces e  decorados con coloridos adornos. Incitándonos ao consumo. 

Para evitar caer nesta trampa propoñémosvos varias manualidades que podedes realizar en familia y así contribuir a coidar o medio ambiente.

Se pinchades na seguinte imaxe poderedes ver vídeos titoriais de manualidades navideñas que empregan material de refugallo.





AO NOSO LEMA MEDROULLE UNHA LETRA...

Vai tempo que chegou o outono ao Agro e con el veu o vento que tirou as follas, as castañas, as landras... a o chan. 

Aproveitando estas datas, os rapaces e rapazas  recolleron e recolectaron elementos naturais do outono para darlle forma ao lema: O NOSO CONSUMO DEIXA PEGADA.

Como todos e todas quixeron participar nesta actividade e non había letras suficientes, houbo que facer algún cambio e ao lema medroulle unha letra máis. Así que pasou a ser: O NOSO CONSUMO DEIXA PEGADAS.



Para levar a cabo esta actividade non só aproveitamos os recursos naturais, se non que tamén reutilizamos materiais de refugallo que había no colexio. Estes foron pranchas de porexpan e xornais vellos.





luns, 5 de decembro de 2022

O NOSO CONSUMO DEIXA PEGADA

 Ao longo deste curso dende VOZ NATURA levaremos a cabo un programa cuxo lema é " O NOSO CONSUMO DEIXA PEGADA".

Pois cada vez somos máis conscientes que hai relación entre o consumo e o medio ambiente e da importancia de levar unha vida respetuosa coa natureza.  



Como somos conscientes de que algúns dos nosos hábitos de consumo son perxudiciais para a saude do planeta é polo que ao longo deste curso imos plantexar medidas de consumo responsable e sostible. 



Entendemos que é importante tomar conciencia  das dificultades e dos pereigos aos que se enfrenta o noso planeta. Polo que dende o Agro do Muiño imos desenvolver  actividades encamiñadas á protección do medio ambiente: consumo responsable, reciclaxe, coidado de prantas empregando o invernadoiro...