martes, 6 de decembro de 2022

AO NOSO LEMA MEDROULLE UNHA LETRA...

Vai tempo que chegou o outono ao Agro e con el veu o vento que tirou as follas, as castañas, as landras... a o chan. 

Aproveitando estas datas, os rapaces e rapazas  recolleron e recolectaron elementos naturais do outono para darlle forma ao lema: O NOSO CONSUMO DEIXA PEGADA.

Como todos e todas quixeron participar nesta actividade e non había letras suficientes, houbo que facer algún cambio e ao lema medroulle unha letra máis. Así que pasou a ser: O NOSO CONSUMO DEIXA PEGADAS.



Para levar a cabo esta actividade non só aproveitamos os recursos naturais, se non que tamén reutilizamos materiais de refugallo que había no colexio. Estes foron pranchas de porexpan e xornais vellos.