luns, 5 de decembro de 2022

O NOSO CONSUMO DEIXA PEGADA

 Ao longo deste curso dende VOZ NATURA levaremos a cabo un programa cuxo lema é " O NOSO CONSUMO DEIXA PEGADA".

Pois cada vez somos máis conscientes que hai relación entre o consumo e o medio ambiente e da importancia de levar unha vida respetuosa coa natureza.  



Como somos conscientes de que algúns dos nosos hábitos de consumo son perxudiciais para a saude do planeta é polo que ao longo deste curso imos plantexar medidas de consumo responsable e sostible. 



Entendemos que é importante tomar conciencia  das dificultades e dos pereigos aos que se enfrenta o noso planeta. Polo que dende o Agro do Muiño imos desenvolver  actividades encamiñadas á protección do medio ambiente: consumo responsable, reciclaxe, coidado de prantas empregando o invernadoiro...