xoves, 30 de marzo de 2023

SEGUIMOS SUMANDO COA RECICLAXE EN 5º B INFANTIL

Na aula de 5º B de Infantil teñen un recuncho para curiosidades da natureza:  un megapomelo, a man de buda...

Ademáis os rapaces e rapazas de 5º B de Infantil están a traballar na súa clase a separación de lixo (orgánico, papel, pilas...). 

Clica na imaxe para ver as actividades que están a desenvolver os rapaces e rapazas de 5ºB de infantil.





luns, 20 de marzo de 2023

RECEITA CON MATERIAL DE RECICLAXE

 Os rapaces e rapazas de 5ºB ao longo do curso viaxan ao continente africano. Polo entroido disfrazáronse da tribu dos masais.     .

Como están concienciados da importancia do consumo responsable, empregaron para o seu disfraz roupa que tiñan na casa e elaboraron abalorios e complementos con materiais de refugallo.

A continuación, podedes ver a receita da elaboración dos brazaletes africanos que queren compartir con todos e todas. 

Anímate a facer un para ti ou para agasallar a alguén.