Os rapaces e rapazas de 5ºB ao longo do curso viaxan ao continente africano. Polo entroido disfrazáronse da tribu dos masais. .
Como están concienciados da importancia do consumo responsable, empregaron para o seu disfraz roupa que tiñan na casa e elaboraron abalorios e complementos con materiais de refugallo.
A continuación, podedes ver a receita da elaboración dos brazaletes africanos que queren compartir con todos e todas.
Anímate a facer un para ti ou para agasallar a alguén.