martes, 19 de decembro de 2023

FLORA E FAUNA DE GALICIA DE 3º DE PRIMARIA

 O tema da flora e fauna de Galicia espertou a curiosidade e a imaxinación dos rapaces e rapazas de 3º de Educación Priamaria  estiveron, pois nestes meses estiveron a investigar a flora e fauna que lles rodea. Aproveitaron as clases de plástica para desenvolver a súa creatividade. 

Se sodes curiosos e curiosas podedes facer click no seguinte vídeo e verás algúns dos seus traballos. Anímo!!














O OUTONO EN 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL

Os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil B realizaron un recopilatorio de varias actividades interesantes relativas co proxecto de Voz Natura, FLORA E FAUNA AUTÓCTONA, que estamos a levar a cabo no Agro do Muiño. Entre elas destacan:

  • O recuncho das curiosidades da natureza: un estrano cítrico chamado "Man de Buda", "chalote"...
  • O faladoiro: A fauna e flora 
  • Plantación de castañas e landras
  • Saída ao monte que hai nos arredores do colexio
  • Observación das obras de ampliación

Os rapaces e rapazas de 6º de Educación Infantil B  queren compartir con nós estas actividades no seguinte vídeo. 




luns, 18 de decembro de 2023

FALADOIRO: OS COGOMELOS NO AGRO

 Despois do verán veñen as primeiras choivas e o vento que anuncian a chegada do outono. Pouco a pouco desde a nosa fiestra podemos observar como os campos e os montes van mudando e se preparan para o inverno. No trancorrer dos días, podemos ver unha transformación na nosa paixase; os verdes convértense en amarelos, vermellos, ocres...; o vento leva lonxe as follas que caen das árbores, deixando un manto sobre os campos... E de repente, vemos espertar coas pingas do rocío os primeiros cogomelos do outono.

Beli, experta na búsqueda destes pequenos tesouros que oculta a natureza, compartiu con nós a súa experienciae os seus coñecementos. Explicounos cales son as especies de cogomelos que podemos atopar nos montes da nosa contorna, cales son coméstibles e cales son perigosas (incluso mortais), algunha das súas curiosidades,...

Se clicades na seguinte imaxe podedes ver unha breve mostra da xornada Faladoiro: Os cogomelos no agro



sábado, 9 de decembro de 2023

REDUCIR O CONSUMO DE MATERIAL DE REFUGALLO: 4 ANOS A

Comezamos no mes de setembro un novo curso, nos primeiros días deste os nenos e nenas  precisan traer o novo material escolar: lapis, cores, folios... e carpetas de plástico nas que levan debuxos, traballos, circulares...

Os nenos e nenas de 4 anos A viñeron das vacacións de verán coas pilas cargadas. Entón estiveron cabilando que podían facer para reducir o consumo de plásticos, despois dun tempo decatáronse que podían empregar os envases das patacas fritidas. 

En vez  de tirar estes envases ao lixo e mercar unha carpeta de plástico; os limparon, os decoraron e os empregan para levar ás súas casas os traballos, debuxos, circulares...

Desta maneira espertaron a súa creatividade e colaboran no coidado do medio ambiente.

Clica na imaxe para ver as marabillas destes rapaces e rapazas.



OS XOGOS POPULARES CON MATERIAL DE REFUGALLO

 Coa chegada do outono no colexio Agro do Muiño celebramos o Magosto. Por esas datas as mestras de Educación Física quixeron que os nenos e nenas rememoraran os xogos populares, aqueles aos que xogaban os nosos avós e avoas.

Estes xogos foron todo un acontecemento porque non son calquera xogo, senón que ademais, algúns deles están feitos con material de refugallo

Este é o caso do xogo dos bolos, para a consttución dos mesmos empregaron cabeceiros de camas e mesillas de noite. 

Tamén do xogo do aro ou roda, para este empregouse rodas de bicicleta vellas que se ían tirar ao lixo.

E por último, non nos podemos esquecer, do xogo das chapas. Neste caso empregouse algo tan sinxelo e que case todos e todas temos nas nosas casas, chapas de cervexa ou tapóns de botellas.

Esperamos que desfrutedes de ver como xogan os rapaces e as rapazas con algúns xogos populares da nosa zona.

Clica na imaxe para ver os xogos populares con material de refugallo. 





FLORA E FAUNA AUTÓCTONA

 

A idea sobre a que xirará a nosa colaboración medio-ambiental no curso 2023-2024 é a da flora e a fauna autóctonas. É a nosa responsabilidade contribuír á sustentabilidade do planeta e educar na sostinibilidade e o coidado da vida e do medioambiente, para elo o obxecto deste programa é coñecer, recoñecer e conservar a flora e a fauna autóctonas.

En Galicia contamos con factores ambientais diversos que caracterizan as diversas paisaxes que hai, como é o caso da climatoloxía, a orografía e a hidrografía, dando lugar a unha gran variedade de ecosistemas: fondos mariños, litorais, marismas, bosques, matogueiras, ríos, regatos, montañas e paisaxes agrarias.

Hai especies que están ameazadas, debido á construción no seu territorio ou a sobreexplotación;  ademais, hai especies propias da nosa área xeográfica que non se atopan noutro lugar do mundo.

Ao longo do proximo curso coñeceremos a diversidade de especies animais e vexetais que podemos atopar en Galicia,  os ecosistemas que habitan, e as múltiples formas de ameaza que poden afectar ás súas poblacións.