Comezamos no mes de setembro un novo curso, nos primeiros días deste os nenos e nenas precisan traer o novo material escolar: lapis, cores, folios... e carpetas de plástico nas que levan debuxos, traballos, circulares...
Os nenos e nenas de 4 anos A viñeron das vacacións de verán coas pilas cargadas. Entón estiveron cabilando que podían facer para reducir o consumo de plásticos, despois dun tempo decatáronse que podían empregar os envases das patacas fritidas.
En vez de tirar estes envases ao lixo e mercar unha carpeta de plástico; os limparon, os decoraron e os empregan para levar ás súas casas os traballos, debuxos, circulares...
Desta maneira espertaron a súa creatividade e colaboran no coidado do medio ambiente.
Clica na imaxe para ver as marabillas destes rapaces e rapazas.