A idea sobre a que xirará a nosa colaboración medio-ambiental no curso 2023-2024 é a da flora e a fauna autóctonas. É a nosa responsabilidade contribuír á sustentabilidade do planeta e educar na sostinibilidade e o coidado da vida e do medioambiente, para elo o obxecto deste programa é coñecer, recoñecer e conservar a flora e a fauna autóctonas.
En Galicia contamos con factores ambientais diversos que caracterizan as diversas paisaxes que hai, como é o caso da climatoloxía, a orografía e a hidrografía, dando lugar a unha gran variedade de ecosistemas: fondos mariños, litorais, marismas, bosques, matogueiras, ríos, regatos, montañas e paisaxes agrarias.
Hai especies que están ameazadas, debido á construción no seu territorio ou a sobreexplotación; ademais, hai especies propias da nosa área xeográfica que non se atopan noutro lugar do mundo.
Ao longo do proximo curso coñeceremos a diversidade de especies animais e vexetais que podemos atopar en Galicia, os ecosistemas que habitan, e as múltiples formas de ameaza que poden afectar ás súas poblacións.