venres, 24 de maio de 2024

AVES E INSECTOS DA NOSA CONTORNA

 O alumnado de 2ºB ao longo de todo o curso realizou unha profunda investigación das aves da nosa contorna. En primeiro lugar centráronse nos VOLANTÓNS, que son os paxariños que comezan a saír do niño  e aventúranse a facer as súas primeiras prácticas de voo para explorar o que lles rodea. 

Despois de coñecer as aves que habitan na nosa contorna decidiron pintalas a acuarela e quedáronlle uns cadros espectaculares. Logo deseñaron un mural onde expuxeron a súa obra.

Aquí tedes unha mostra dos volantóns elaborados.



Para a elaboración do mural deseñaron uns volantóns con  discos de algodón de desmaquillaxe e unhas plumas que atoparon. Pero  tamén necesitaron paus para facer o marco deste gran mural onde  descansan os volantóns cansos de voar; entón, foron na procura destes pauciños ao monte que hai preto do colexio e alí descubriron un HOTEL DE INSECTOS NATURAL que lles chamou moito a atención.


No seguinte vídeo  desfrutaredes do traballo realizado polo alumnado de 2ºB.



sábado, 11 de maio de 2024

O HERBARIO DO AGRO

Comezou o curso e o equipo de Dinamización tiña moitas ideas relacionadas coa temática Flora e Fauna Autóctonas, entre elas era a elaboración dun herbario. Para levalo a cao precisamos da colaboración das familias e, como sempre, demostraron estar  ben dispostas. 

Entón, os nenos e nenas do Agro saíron ao campo con pais, nais, avós, avoas, tíos, tías...  Recolleron plantas da súa contorna e investigaron os usos tradicionais das mesmas.

Son interesantes algúns dos usos que teñen algunhas das especies que forman parte do Herbario do Agro.

Con moito pracer comparten con vós o que descubriron das pantas que recolleron . Que especies atoparon? Que uso lle daban os avós e avoas?

Clica no vídeo se o queres descubrir.









FLORA E FAUNA NA AULA DE 6ºB INFANTIL

 Os nenos e nenas de 6ºB de Infantil estiveron moi ocupados nestes últimos tempos. Que traballadores e traballadoras son!

Case non lles falta nada por facer, pois xa probaron cases de todo. Demostran que un día están a plantar e replantar; outro día investigan e coidan os vermes da seda; noutro momento collen uns pinceles e fan fermosos ramos de cores... Pero, de repente foron sorpendidos cunha visita que lles levou unhas especie evolucionada dos prehistóricos dinosaurios.

Clica na imaxe e poderás descurir en que andan estes rapaces e rapazas.




venres, 10 de maio de 2024

UNHA OBRA DE ARTE: O HERBARIO DE ROSALÍA DE CASTRO

O alumnado de 6ºB de Primaria investigou a flora que aparece de maneira reiterada na obra de Rosalía de Castro. Despois crearon o caderno "O Herbario de Rosalía" onde recollen as plantas que nomea Rosalía nas liñas da súa obra, como son a figueira, o toxo, o loureiro, as silveiras...

Pero non pararon aí, porque lograron crear unhas obras de arte ao transferir as imaxes das plantas do seu caderno a cadros de madeira.

Tamén queren compartir con vós o vídeo que empregaron para transferir as imaxes aos cadros de madeira. 



Clicade no vídeo e poderesde desfrutar desta marabilla.







martes, 7 de maio de 2024

FLORA E FAUNA DE GALICIA

 Ao longo de todo o curso os rapaces e rapazas dee 6ºB de Primaria estivo a investigar a flora e a fauna que habita en Galicia. 

Coa información que atoparon fixeron un libro; entre as súas páxinas veredes o castiñeiro, o olivo, o carballo, as silvas, o toxo... e tamén animais, como o raposo, o esquío, a bubela, o moucho, a donicela...

Descubriron interesantes curiosidades que queren compartir con todos vos se clicades no seguinte vídeo.




A FESTA DE OS MAIOS EN INFANTIL

 Din que o mes de maio é o mes das flores... Os nenos e nenas de infantil celebraron a festa popular de OS MAIOS. 

Para esta ocasión trouxeron fiuncho, xestas, pampullos, estalotes, cartuchos, rosas, fieitos, hedras... Con todas estas flores elaboraron diferentes figuras de OS MAIOS.

Se queres ver como desfrutaron deste día, clica na imaxe.



O HERBARIO DA AULA VERDE (5º A INFANTIL)

 Os rapaces e rapazas da aula verde (5ºA de Infantil) ao longo deste curso elaboraron un herbario con plantas medicinais da nosa contorna. Para levalo a cabo precisaron da colaboración das súas familias. 

Buscaron follas e polas de plantas medicinais, aprenderon como as hai que recoller e secar correctamente para podelas conservar. Ademais elaboraron unha ficha para cada unha das plantas recollidas nas que indican o nome científico, o nome común, a data e lugar de recollida e, por último, describen os seus beneficios. 

Con este herbario estiveron a recuperar o saber dos nosos avós e avoas.

A continuación poderedes ver unha mostra do seu traballo.