No colexio do Agro estamos a desenvolver o programa de Voz Natura , este curso estámolo a adicar á "Flora e fauna autóctona". Polo que para esta ocasión quixemos relacionar o DÍA DA PAZ co coidado do do medioambiente e entre todos e todas fixemos unha ÁRBORE DOS DESEXOS pola PAZ MEDIOAMBIENTAL.
Ademais, cremos que os rapaces e rapazas deben ser axentes proactivos polo coidado do medio ambiente. Polo que é importante que tomen conciencia dos problemas medioambientais que os humanos estamos a causar coas nosas accións (consumo irresponsable, contaminación, vertidos químicos nos ríos e mares, microplásticos, incendios...) e busquen solucións a estes problemas.
A actividade para a celebración do Día da Paz, consiste en que cada aula, tanto de Infantil coma de Primaria, plantexa un desexo para lograr a PAZ MEDIOAMBIENTAL. Entón, cada aula escribiu a súa mensaxe en follas de castiñeiro que posteriormente colocamos na ÁRBORE DOS DESEXOS.
En fin, cos desexos escritos e outras accións que levamos a cabo ao longo de todo o curso, é que , pouco a pouco, vamos preparando o camiño para alcanzar a Paz Medioambiental.
A continuación poderedes ver todos os desexos que plantexan os rapaces e rapazas do Agro.