venres, 7 de xuño de 2024

PLANTACIÓN NA CARBALLEIRA O AGOCHO DOS TRASNOS (VENTÍN)

No últimos anos unha actividade que desenvolvemos todos os anos, independentemente da temática do proxecto de Voz Natura é a reforestación de montes do concello de Ames con árbores autóctonas, como son o castiñeiro e o carballo. 

Polo  Magosto celebramos estas datas comendo castañas, pero ademais o alumnado sementa castañas e landras co obxecto de colaborar na conservación dos montes da contorna con especies autóctonas.

Despois de sementar  a rapazada espera vixiante a que xerminen as sementes e co paso dos días coidan as novas plantas ata que se converten nunhas árbores que podemos transplantar. Neste momento, en coordinación e colaboración de Patricia Reboreda, técnica medioambiental do cencello de Ames, organizamos unha xornada na que un grupo (en representación do alumnado do colexio do Agro) planta os castiñeiros e carballos.

O pasado 6 de xuño a rapazada de 2º de Primaria foron á carballeira O AGOCHO DOS TRASNOS, en Ventín, a plantar. 

Clica na imaxe para ver como traballaron esta rapazada!!


Por último dicir que  o xornal, La Voz de Galicia, publicou unha noticia contando o traballo realizado pola rapazada de 2º de Priamria ao longo desta xornada.