Ao longo do mes de novembro leváronse a cabo experimentos por doquier. Celebrouse a Semana da Ciencia, en colaboración de Patrícia Reboreda, técnica de medio ambiente do concello de Ames, foi quen coordinou e organizou uns interesantes experimentos que combinaron ciencia e vida mariña. Estes traballos tiveron lugar os días 14 e 15 de novembro.
Pero, ademais destes experimentos, se estiveron a desenvolver outros máis. Nestes días non era extraño entrar nas aulas e ver aos nenos e nenas realizando algún que outro experimento.
Unhas veces experimentaban coas propiedades da auga, se os obxectos poden flotar ou afundir, a tensión superficial que producen as moléculas, a acidificación, a composición dunha célula...
Así pois, por uns intres se converteron en científicos e científicas e realiozaron as diferentes fases necesarias para desenvolver unha investigación científica: primerio hai que plantexar as hipóteses, despois hai que contrastalas e descubrir o resultado.
Algúns dos experimentos que imos compartir son os que realizaron os cativos e cativas de Infantil. Que pode pasar se botamos pementa na auga e poñemos xabón no dedo? Pegarase a pementa no dedo? Que pode pasar se botamos bicarbonato e xabón nun limón?
A rapazada de 5º de Infantil experimentou coa propiedade da densidade dos obxectos en contacto coa auga. Que pasará se botamos nun recipiente de auga unha pluma, un clib, un botón, un lapis, unhas tesoiras, unha cuncha...? Flota ou afúndese?
En 5ºB de Primaria realiza un experimento para amosar as partes dunha cécula sen necesidade de empregar un microscopio. Para este experimento empregou un ovo e vinagre. Ao final do experimento o ovo ten sorpresa.
Non te perdas estas interesantes exprienzas e preme na seguinte imaxe para desfrutar destes experimentos.