🐠 Un día para mergullarse no medio ambiente! 🌍
O 5 de xuño, celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente por todo o alto... ou mellor dito, por todo o fondo mariño! 🌊
O alumnado de 3º de Primaria do CEIP do Agro viviu unha xornada inesquecible visitando o Museo do Mar de Galicia, en Vigo, dentro do noso proxecto “Ciencia con conciencia no mundo mariño”. E para facelo aínda máis especial, contamos coa compañía de Patricia Reboreda, a técnica de medio ambiente do Concello de Ames. Grazas, Patricia! 👏👏👏
🐚 Museo do Mar: onde a historia se mergulla
Ao chegar, abríusenos un mundo cheo de curiosidades mariñas, nun espazo que mestura historia, ciencia e natureza. Alí puidemos ver:
-
Réplicas de barcos antigos e redes de pesca ⚓
-
Unha exposición sobre as famosas latas de sardiñas galegas 🐟
-
Fósiles e seres mariños que semellaban sacados doutro planeta 🌌
🐠 O acuario: unha xanela ao Atlántico
Un dos momentos máis esperados foi a visita ao acuario. Aínda que non é moi grande, é coma unha xoiña mariña chea de vida:
-
Vimos robalizas, maragotas e polbos 🐙
-
Observamos medusas que bailaban coma se fosen feiticeiras da auga
-
Sentímonos como auténticos exploradores submarinos
🔭 O faro: un final por todo o alto
Para rematar, subimos ao faro do museo, desde onde desfrutamos dunha panorámica incrible da ría de Vigo, as Illas Cíes e o porto. Que marabilla!
Pero a aventura non rematou aí! 😄 Despois da visita, fomos ao parque de Castrelos, onde houbo tempo para xogar, rir e correr sen parar. Porque aprender tamén é divertirse ao aire libre! 🌳🎉
🎥 Non perdas o vídeo!
Se premes no vídeo que deixamos aquí abaixo, poderás ver o ben que o pasamos! 😄💚