🌰🍁 O outono chegou… e coas mans na masa! 🌽🍎
O alumnado de 6º de Infantil recibiu a chegada do outono cunha chea de actividades superdivertidas! Traeron froitos típicos da estación como mazás, castañas e noces, e tamén follas de cores preciosas: amarelas, vermellas, laranxas… cada unha diferente, non había ningunha igual! 🍂✨
👀 Observamos e descubrimos
Primeiro miraron, tocaron e compararon todo o que trouxeron. Aprenderon a observar as formas e cores e fixéronse uns auténticos científicos do outono! 🧐
🌽 A maxia das espigas de millo
Coas espigas de millo, descubriron como se traballaba nas casas antigamente. Primeiro debullaron o millo, ¡que divertido! 😄 E quedaron abraiados coa variedade de cores: non todo é amarelo, tamén hai millo negro, vermello e laranxa. Cada espiga era diferente, como unha obra de arte da natureza. 🎨
🥣 Mans na masa: boliños de millo
Con todo o millo que debullaron, fixeron deliciosos boliños de millo. Amasaron, e despois de moito traballar gozaron co pan de millo acompañado de marmelo. ¡Unha auténtica festa para os sentidos! 😋💛
Se queres ver como desfrutaron descubrindo as cores do outono e facendo os boliños de millo , clica na imaxe e visiona o vídeo.