mércores, 26 de novembro de 2025

FALADOIRO 2ºA: PLANETA XELATINA

 

🚀✨ A aventura espacial de 2ºA: rumbo ao Planeta Xelatina! 🪐

Esta semana tivemos unha visita moi especial na clase de 2ºA: a nai de Miguel veu para contarnos o conto Planeta Gelatina 📖💫, unha historia chea de imaxinación na que o protagonista —oh, sorpresa!— tamén se chama Miguel… ¡igual co noso compañeiro! 😄

No conto, Miguel viaxa polo espazo nun foguete superpotente 🚀 na procura do misterioso Planeta Xelatina, un lugar cheíño de sorpresas… e de xelatina por todas partes! 🍮🪐

Pero aí non rematou a aventura. A nai de Miguel trouxo tamén todo o necesario para facer un experimento divertidísimo 🔬🤩: construír o noso propio foguete voador, igualiño ao da historia. E, claro… ¡non perdemos a oportunidade!

Pasámolo xenial construíndo o foguete, decorándoo 🎨✨ e, sobre todo, vendo como saía disparado cara ao ceo da clase 🚀💨. Risas, emoción e algún “oooh!” tamén 😉

Se queredes ver o momentazo en acción, botádelle un ollo ao vídeo 🎥👀. Non hai dúbida: os rapaces e rapazas de 2ºA son auténticos exploradores espaciais! 🌌🧑‍🚀👧‍🚀



xoves, 13 de novembro de 2025

OS AGRONAUTAS ORBITANDO EN VERDE: UNHA VIAXE POLO ESPACIO

 

🌌🚀 Semana da Ciencia no Agro: viaxando ata a orixe do Universo! 💫

Durante a nosa Semana da Ciencia no Agro, tivemos a sorte de contar coa colaboración de Patricia, axente medioambiental do Concello de Ames, e do seu fantástico equipo 👩‍🔬💚.

Chegaron con moita enerxía e curiosidade para facernos viaxar polo tempo e polo espazo, e axudarnos a descubrir como comezou todo: o Universo! 🌍✨

Foron unhas actividades moi lúdicas, nas que a rapazada puido “ver” o universo, imaxinalo e comprendelo a través de exemplos sinxelos e moi visuais. Por exemplo, para entender os millóns de anos que ten o Universo, fixemos esta metáfora:
🏖️ imaxinamos que fomos á praia, collemos un cubo de area, baleirámolo e logo colocamos cada grao… 👉 cada grao de area representaba un millón de anos! 😱

Ao principio, todo o Universo estaba xunto, concentrado nun pequeno punto… e de súpeto 💥 EXTOUPOU! Así comezou o Big Bang, teoría formulada por Einstein, que explica que o espazo comezou a expandirse e segue en continuo movemento. 🌌💫

O alumnado investigou que pasou despois do Big Bang: como o Universo se foi separando, formándose as galaxias, os planetas, as estrelas… dentro do noso sistema solar ☀️🌍.

🪐 O Universo, descubrimos, é infinito… porque aínda non sabemos onde remata! 😮
E sobre o seu futuro, existen dúas grandes teorías:
🔭 unha di que sempre seguirá expandíndose,
💥 e outra, chamada Big Crunch, sostén que algún día o Universo volverá comprimirse.

🧠 As estacións científicas do noso obradoiro

Para comprender mellor todas estas ideas, organizáronse varias mesas de traballo, e os grupos ían rotando entre elas, converténdose en auténticos astrónomos por un día 🌟🔬:

🪐 Mesa 1: A expansión do Universo, observando como o espazo segue crecendo sen parar (con exemplos e globos 🎈).
🌠 Mesa 2: A creación das galaxias despois da explosión inicial —todo estaba desordenado, pero pouco a pouco formáronse estrelas e planetas.
🌕 Mesa 3: As fases da Lúa, experimentando cunha linterna e esferas para ver como cambia a súa forma segundo a luz.
🌍 Mesa 4: As capas da Terra e a evolución dos continentes, imaxinando que cortamos o planeta pola metade 🔪 para ver o seu interior.
🌋 Mesa 5: Os continentes , onde aprendemos que o movemento das placas tectónicas se moven como barcos sobre o magma, moi lentamente… 🧭 os continentes se moven lentamente coma unha mesa con rodas que tarda millóns de anos en desprazarse!

📸 Non perdades as fotos e vídeos da actividade!
Veredes o ben que o pasamos aprendendo, experimentando… e deixando que o Universo nos conte a súa historia. 🌌✨







domingo, 9 de novembro de 2025

💡 Creatividade + Ciencia + Reciclaxe = Un proxecto 10!

 

🧠 A ciencia tamén entra pola boca! O sistema dixestivo en 6ºC

Este trimestre, o alumnado de 6ºC de Primaria puxo as mans —e tamén a imaxinación— en marcha para investigar o sistema dixestivo 🧐.

Despois de aprender como funciona esta incrible “fábrica” do noso corpo, na que os alimentos se transforman en enerxía, decidiron recrear o sistema dixestivo con materiais de refugallo ♻️. Si, si, lixeiramente noxento… pero tamén moi divertido! 😄

En equipos, foron recollendo todo tipo de obxectos:
🧃 botes de plástico,
🎨 cápsulas de café,
🧵 cordeis,
📦 caixas de panos,
🧴 tubos de pasta de dentes…
e moito máis!

Con todo isto deron vida a bocas con caixas, glándulas salivares con cápsulas de café, esófagos feitos con tubos, estómagos de botellas e intestinos cheos de cordel. O resultado foi… ¡espectacular e moi creativo! 🌟

Mentres montaban as súas obras científicas, tamén aprenderon que o sistema dixestivo empeza na boca, onde os dentes e a saliva inician a “gran festa” da dixestión; que o estómago remexe todo con zume gástrico (¡blup, blup! 🤢) e que, máis tarde, o intestino absorbe os nutrientes para darnos enerxía e forza 💪.

Con esta actividade, ademais de entender mellor o funcionamento do corpo humano, o alumnado de 6ºC desenvolveu a creatividade, o traballo en equipo e sobre todo a conciencia ecolóxica, dándolle unha segunda vida aos refugallos. 🌍💚

👉 Animádevos a ver o vídeo que prepararon: nel poderedes desfrutar, rir e aprender coas creacións tan orixinais da nosa rapazada de 6ºC.

Porque… ¡na escola tamén se aprende dixerindo coñecementos! 😋📚

💡 “Creatividade + Ciencia + Reciclaxe = Un proxecto 10!