🌌🚀 Semana da Ciencia no Agro: viaxando ata a orixe do Universo! 💫
Durante a nosa Semana da Ciencia no Agro, tivemos a sorte de contar coa colaboración de Patricia, axente medioambiental do Concello de Ames, e do seu fantástico equipo 👩🔬💚.
Chegaron con moita enerxía e curiosidade para facernos viaxar polo tempo e polo espazo, e axudarnos a descubrir como comezou todo: o Universo! 🌍✨
Foron unhas actividades moi lúdicas, nas que a rapazada puido “ver” o universo, imaxinalo e comprendelo a través de exemplos sinxelos e moi visuais. Por exemplo, para entender os millóns de anos que ten o Universo, fixemos esta metáfora:
🏖️ imaxinamos que fomos á praia, collemos un cubo de area, baleirámolo e logo colocamos cada grao… 👉 cada grao de area representaba un millón de anos! 😱
Ao principio, todo o Universo estaba xunto, concentrado nun pequeno punto… e de súpeto 💥 EXTOUPOU! Así comezou o Big Bang, teoría formulada por Einstein, que explica que o espazo comezou a expandirse e segue en continuo movemento. 🌌💫
O alumnado investigou que pasou despois do Big Bang: como o Universo se foi separando, formándose as galaxias, os planetas, as estrelas… dentro do noso sistema solar ☀️🌍.
🪐 O Universo, descubrimos, é infinito… porque aínda non sabemos onde remata! 😮
E sobre o seu futuro, existen dúas grandes teorías:
🔭 unha di que sempre seguirá expandíndose,
💥 e outra, chamada Big Crunch, sostén que algún día o Universo volverá comprimirse.
🧠 As estacións científicas do noso obradoiro
Para comprender mellor todas estas ideas, organizáronse varias mesas de traballo, e os grupos ían rotando entre elas, converténdose en auténticos astrónomos por un día 🌟🔬:
🪐 Mesa 1: A expansión do Universo, observando como o espazo segue crecendo sen parar (con exemplos e globos 🎈).
🌠 Mesa 2: A creación das galaxias despois da explosión inicial —todo estaba desordenado, pero pouco a pouco formáronse estrelas e planetas.
🌕 Mesa 3: As fases da Lúa, experimentando cunha linterna e esferas para ver como cambia a súa forma segundo a luz.
🌍 Mesa 4: As capas da Terra e a evolución dos continentes, imaxinando que cortamos o planeta pola metade 🔪 para ver o seu interior.
🌋 Mesa 5: Os continentes , onde aprendemos que o movemento das placas tectónicas se moven como barcos sobre o magma, moi lentamente… 🧭 os continentes se moven lentamente coma unha mesa con rodas que tarda millóns de anos en desprazarse!
📸 Non perdades as fotos e vídeos da actividade!
Veredes o ben que o pasamos aprendendo, experimentando… e deixando que o Universo nos conte a súa historia. 🌌✨

