sábado, 13 de decembro de 2025

OBRADOIRO: FROITOS DO OUTONO, 1ºA e 1ºB

 

🍁 Ata logo, outono! 🌧️ Un obradoiro cheo de cores, risas e descubrimentos

Aínda que o outono xa vai dicindo adeus 👋🍂 e estes últimos días veu cargado de chuvia e vento (como manda a tradición galega 😅🌧️💨), o alumnado de 1º A e 1º B de Primaria non perdeu nin un chisco das ganas de gozalo ao máximo.

Esta semana tivemos a sorte de facer unha saída moi especial á Aula da Natureza, onde participaron nun obradoiro organizado por Patricia Reboreda, axente medioambiental do Concello de Ames 💚. A diferenza da ocasión anterior, esta vez si que puideron achegarse ao monte para observar de primeira man a vexetación propia do outono 🌲🍁.

Iso si… ben preparados! 🥾🧥 Non se esqueceron das botas nin dos abrigos, porque aínda que non choveu, o monte estaba ben molladiño. Así dá gusto explorar!

Durante o obradoiro, a cativada vaciou noces, manipulou froitos típicos desta estación 🌰 e puxo mans á obra para crear fermosísimas manualidades. Con plastilina deron vida a animaliños e cogomelos 🍄🐿️, deixando voar a súa imaxinación.

👉 Bótadelle un ollo ao vídeo! 🎥✨ Nel poderedes ver o ben que o pasou a cativada nesta saída  durante este outono tan especial.

Porque aprender na natureza… sempre é mellor 💛🍂



xoves, 4 de decembro de 2025

OBRADOIRO: FROITOS DO OUTONO, 5º INFANTIL

 

🍂 Ata logo, outono! Un obradoiro cheo de cores, risas e descubrimentos 🍁

Aínda que o outono xa vai dicindo adeus 👋🍂 e estes últimos días veu cargado de chuvia e vento (como manda a tradición galega 😅🌧️💨), o alumnado de 5º de Infantil non perdeu as ganas de gozalo ao máximo.

Esta semana tivemos a sorte de contar de novo coa axente medioambiental do Concello de Ames, Patricia Reboreda, que organizou —como sempre con moito agarimo— os obradoiros “Froitos do outono”. A idea orixinal era explorar o bosque que hai preto da Aula da Natureza, na Ameixenda 🌲, pero o tempo dixo que non… Así que o outono veu visitar a Aula da Natureza! E non sabedes o ben que lle sentou 🍁

Fixemos dous grupos moi apañados:
👀 Mentras uns dedicáronse a observar e coñecer de preto diferentes froitos da estación (laranxas, castañas, landras, granadas…).
🎨 Os outros puxéronse mans á obra e elaboraron fermosísimas manualidades con estes mesmos tesouros do outono.

O resultado? Unha mañá chea de aprendizaxes, sorpresa, creatividade e moita diversión 🌰🍊🍂💛

Pero dende que comezou o outono, a cativada de 5º de Infantil, estivo explorando a nosa contorna🌲, tamén trouxeron froitos típicos desta época como é o millo, as noces, as avelás...🌰🍊 e mesmo contruiron unha árbore con cortizas e troncos.

👉 Bótadelle un ollo ao vídeo! Descubriredes o ben que o pasou a cativada e algunhas outras das actividades que fixemos no colexio durante este outono tan especial. 🎥✨