sábado, 13 de decembro de 2025

OBRADOIRO: FROITOS DO OUTONO, 1ºA e 1ºB

 

🍁 Ata logo, outono! 🌧️ Un obradoiro cheo de cores, risas e descubrimentos

Aínda que o outono xa vai dicindo adeus 👋🍂 e estes últimos días veu cargado de chuvia e vento (como manda a tradición galega 😅🌧️💨), o alumnado de 1º A e 1º B de Primaria non perdeu nin un chisco das ganas de gozalo ao máximo.

Esta semana tivemos a sorte de facer unha saída moi especial á Aula da Natureza, onde participaron nun obradoiro organizado por Patricia Reboreda, axente medioambiental do Concello de Ames 💚. A diferenza da ocasión anterior, esta vez si que puideron achegarse ao monte para observar de primeira man a vexetación propia do outono 🌲🍁.

Iso si… ben preparados! 🥾🧥 Non se esqueceron das botas nin dos abrigos, porque aínda que non choveu, o monte estaba ben molladiño. Así dá gusto explorar!

Durante o obradoiro, a cativada vaciou noces, manipulou froitos típicos desta estación 🌰 e puxo mans á obra para crear fermosísimas manualidades. Con plastilina deron vida a animaliños e cogomelos 🍄🐿️, deixando voar a súa imaxinación.

👉 Bótadelle un ollo ao vídeo! 🎥✨ Nel poderedes ver o ben que o pasou a cativada nesta saída  durante este outono tan especial.

Porque aprender na natureza… sempre é mellor 💛🍂