🌟 🚀 Orbitando en verde: unha constelación de cápsulas desbotables con conciencia ecolóxica ☕♻️✨
A rapazada de 4ºA Infantil tamén quixo poñer o seu gran de area no noso proxecto de Voz Natura 💚. E xa vos adiantamos que o fixeron dun xeito tan creativo como brillante!
Nesta actividade empregamos cápsulas desbo
tables de café para darlles unha segunda vida ♻️☕. Con elas, construímos unha fermosa constelación que xa forma parte do noso mural de Voz Natura, seguindo o lema deste curso:
🚀 “Agronautas orbitando en verde” 🌍🌱
No mural, esta constelación convértese nun símbolo que nos guía no noso camiño cara un futuro de coidado do medio ambiente, mesturando conciencia ecolóxica e moita creatividade ✨🎨.
Porque mesmo desde moi pequenos e pequenas, xa poden aprender que cada pequeno xesto conta e que o planeta necesita das nosas ideas e do noso compromiso 🌎💚.
👉 Clicade no vídeo 🎥 para ver como se desenvolveu a actividade e descubrir como a infancia tamén pode mirar cara o futuro con ilusión e responsabilidade.
🌟 Pequenos pasos… grandes cambios! ♻️🚀💚
