domingo, 1 de marzo de 2026

Entre versos e raíces: Rosalía florece no Agro do Muiño CON 6º de Primaria 🌱

 🌸 Rosalía, terra e moitas risas no Agro do Muiño! 🌱

Ao longo desta semana no cole do Agro do Muiño puxémonos mans á obra para celebrar a grande Rosalía de Castro, que destacou no seu tempo por ser a primeira muller escritora galega e unha firme defensora da nosa lingua 💙.

Nos seus poemas atopamos a defensa dos traballadores do campo, o amor pola flora e fauna da nosa terra e ese orgullo tan noso de ser galegos e galegas. Así que… que mellor maneira de homenaxeala que enchendo de vida o noso cole? 🌼🌿

Como xa é tradición, plantamos os pensamentos no noso querido “Xardín de Rosalía” 🌸. Pero este ano houbo novidade: a rapazada de 6º de Primaria convertéronse en auténticos xardineiros e xardineiras profesionais (ou iso pensaban eles 😜).

E claro… pasou o que tiña que pasar!
Apareceron varias miñocas 🪱 e houbo quen aproveitou para analizalas coma auténticos científicos 🧐, mentres outros só dicían: “Profeee, que ascoooo!” 😂😂

Non podemos esquecer a emoción de usar o aparato de facer buratos (que parecía máis ben unha ferramenta de enxeñeiros expertos 🛠️) nin o “asco” que lle daba a algún tocar a terra 😅😅. Pero ao final, entre risas, terra nas mans e algunha que outra cara de susto, conseguimos deixar o xardín precioso 🌷✨.

Foi unha experiencia divertida, diferente e moi nosa, celebrando a figura dunha muller que loitou pola nosa lingua e pola nosa terra 🌍💚.

🎥 Animámosvos a ver o vídeo!
Boa… a verdade é que aínda nos rimos cos nosos “xardineiros e xardineiras” 😂🌱