sábado, 4 de abril de 2026

OS AGRONAUTAS VIVIMOS O DÍA DA ÁRBORE

 🌸🌳 Plantando futuro… e historias! 📖🍒

A cartivada de 1º, 2º, 5º e 6º de Primaria puxémonos mans á terra para celebrar o Día da Árbore… e vaia semana tan especial tivemos! 🌼💚

Adicamos varios días a encher de vida o noso cole: creamos unha zona de xardín con bloques no patio de primeiro ciclo 🌿, onde plantamos bulbos, begonias e outras plantas ornamentais 🌺. Incluso fixemos un fermoso corazón de flores entre as camelias 💖🌸 e plantamos un xazmín para que medre e trepe pola columna enchendo todo de arrecendo 🌼✨

Pero iso non foi todo… tamén plantamos unha chea de árbores froiteiras! 🍏🍋 Agora no noso patio medrarán améndoeiros, aveleiras, cerdeiras, mirabeles, nísperos, limoeiros, mandarinos, maceiras… e seguro que no futuro nos regalarán froitos deliciosos! 😍🌳

Aproveitamos tamén unha actividade moi especial que organiza o equipo de Biblioteca: os empadriñamentos lectores 📚✨. Os maiores compartiron contos cos máis pequenos e, xuntos, celebramos a chegada da primavera lendo… e plantando vida 🌷

Porque si, esas árbores que hoxe plantamos serán no futuro un lugar perfecto para ler, imaxinar e vivir mil aventuras baixo a súa sombra 💭🌳

E xa sabedes o mellor? Os maiores xa están pensando a longo prazo… preguntaban se poderán vir recoller a froita cando as árbores medren! 🍒😄

🌳📖 Medrando xuntos/as entre árbores e historias

Hoxe o noso patio encheuse de ilusión cun proxecto moi especial: plantar e coidar todas estas árbores que medrarán con nós 🌱💚

E fixémolo da man dos nosos padriños e madriñas lectoras de 5º e 6º de Primaria, creando un vínculo precioso entre natureza e lectura 🤝📚

📌 Os nosos obxectivos:

  • 🌍 Coidar o medio e aprender sobre a terra, a auga e o crecemento das plantas
  • 🤝 Traballar en equipo entre cursos
  • 📚 Crear un recuncho natural para ler e soñar

Estamos desexando velas medrar para cumprir o noso soño: deitarnos á súa sombra e viaxar coas nosas historias favoritas 💭🌿

Grazas á rapazada de 5º e 6º de Primaria por acompañarnos nesta aventura verde! 💚

🎥 Dálle ao play e vive esta experiencia con nós! 👀🌱

Non perdas o vídeo onde se ve todo o proceso… seguro que che arrinca un sorriso! 😊📹