xoves, 14 de maio de 2026

BICHIÑOS NO COLE: VERMES DE SEDA E INSECTOS PAU

 Ao igual que en anos anteriores, coa chegada da primavera 🌸☀️, o noso cole volveu recibir unha visita moi especial: os queridos vermes de seda 🐛🌿.

Grazas a esta experiencia, a rapazada tanto de Infantil como de Primaria aprende a importancia de ser responsables no coidado dos seres vivos 💚. Día tras día, os nenos e nenas encárganse de alimentalos, limpalos e observar como medran e cambian, descubrindo así moitas curiosidades sobre o seu ciclo de vida 🌱✨.

Pero este curso tivemos ademais unha sorpresa moi especial en 2ºA de Primaria 😊. Como xa vos contaramos anteriormente, recibimos tamén a visita duns sorprendentes insectos pau 🦗🍃, uns bichiños moi curiosos que chamaron moitísimo a atención da rapazada.

Os alumnos e alumnas aprenden a coidalos con moito agarimo e responsabilidade, preocupándose de que non lles falte comida nin limpeza 🥬🧽. A través destas experiencias, a cativada comprende a importancia de respectar e protexer todos os seres vivos, mesmo os máis pequenos 🐞🌍.

Foi unha actividade moi enriquecedora, chea de observación, aprendizaxe e emocións, na que os nenos e nenas demostraron o ben que saben coidar da natureza 🌿💫.

🎥 Mirade o vídeo para descubrir o ben que o fan estes rapaces e rapazas coidando dos seus pequenos compañeiros!