venres, 15 de maio de 2026

CONSTRUÍNDO UN COLE MÁIS VERDE

Ao longo deste curso fomos creando e ampliando novas zonas axardinadas 🌿🌸, especialmente no patio de 1º e 2º de Primaria, a zona máis nova do cole.

Pouco a pouco, grazas ao traballo e á ilusión da rapazada, o patio foi enchéndose de vida, cor e natureza 💚✨.

Nestes últimos meses construímos unha fermosa zona de bloques na que plantamos diferentes tipos de plantas 🌱. Entre elas, colocamos bulbos, plantas ornamentais como begoñas e claveles 🌺, ademais de plantas aromáticas como o tomillo 🌿, que achegan un agradable arrecendo ao noso patio.

Tamén elaboramos un novo xardín arredor dunha das árbores que xa estaban plantadas antes da construción da ampliación do cole 🌳. Neste espazo plantamos agapantos e outras plantas de flores 🌸.

 Ademais noutra zona do patio de 1º e 2º, creamos un fermoso corazón floral ❤️ no que plantamos claveles e bulbos.

Ese corazón simboliza algo moi importante: a nosa responsabilidade no coidado do planeta 🌍💚 e a necesidade de seguir construíndo entre todos e todas un mundo máis bonito e sostible.

A maiores, aproveitamos as grandes pedras que retiraron os operarios cando cambiaron o plástico do invernadoiro ♻️🪨 para construír un novo xardín. Entre as pedras botamos terra e plantamos máis begoñas e sementes de flores de moitas cores 🌼🌷🌺, dando unha segunda vida a materiais que xa estaban no cole.

Con estas actividades, a rapazada aprende a importancia de respectar, coidar e valorar os espazos naturais que nos rodean 🌱✨.

🎥 Bótadelle un ollo ao vídeo para descubrir o fermoso que está quedando o noso cole!