luns, 4 de maio de 2026

FALADOIRO EN 2º A: VERMES DE SEDA E INSACTOS PAU

 Descubrindo seres fascinantes 🐛🌱

A rapazada de 2ºA de Primaria recibiu estes días unha visita moi, pero que moi especial… 😲✨

Os pais da súa compañeira Mara viñeron á aula cargados de sorpresas 🐛🐞: nada máis e nada menos que vermes de seda e insectos pau! 😍

Foi unha sesión súper interesante na que aprendemos un montón de curiosidades sobre estes pequenos seres vivos 🌿👀

🌿 O segredo dos insectos pau

Descubrimos que os bichos pau son uns auténticos mestres do camuflaxe 😎… case nin se ven!

👉 Reprodución: Non sempre precisan macho e femia para reproducirse 🤯. Este proceso chámase partenoxénese, e unha soa femia pode poñer ata 50 ovos 🥚, que tardan entre 2 e 4 meses en nacer.

👉 Alimentación: Son herbívoros 🌱 e comen follas de silveira, roseira ou hedra.

👉 Coidados: Necesitan un pequeno terrario, con terra no fondo e algún pau para gabearen 🌿. E moi importante… hai que pulverizar auga 💧 de vez en cando!


🐛 O ciclo dos vermes de seda

Aínda que xa os coñeciamos do curso pasado, foi xenial volver lembrar o seu proceso 👏

👉 Alimentación: Só comen follas de moreira 🌿 (son moi esixentes! 😄)

👉 Crecemento: Cando medran, comezan a fiar a súa seda 🧵 para facer o casulo

👉 Transformación: Dentro do casulo prodúcese a súa metamorfose 🦋

👉 Reprodución: Finalmente sae a bolboreta, que pon ovos e… comeza de novo o ciclo! 🔄


Agora tócalles á rapazada facerse cargo deles… 😏 Convertéronse en auténticos coidadores de insectos 🐛💚!

🎥 Animámosvos a ver o vídeo para descubrir esta visita tan especial e todo o que aprenderon 🎬✨

Seguro que vos vai sorprender! 😄