venres, 15 de maio de 2026

OBRADOIRO 2ºA E 2ºB: FROITOS DA PRIMAVERA

🌸 Froitos de primavera na Aula da Natureza

A rapazada de 2ºA e 2ºB de Primaria participou no obradoiro “Froitos de Primavera” 🌸🌿, unha actividade organizada polo departamento de medio ambiente do Concello de Ames.

Nesta ocasión contamos coa compañía de Jose e Sergio, que nos recibiron na Aula da Natureza da Ameixenda 🍃☀️, un entorno natural perfecto para aprender e desfrutar da primavera.

A xornada comezou cunha pequena exploración polos arredores 🧺🌼. A rapazada percorreu os campos recollendo diferentes exemplares de flores silvestres que máis tarde empregarían nos obradoiros preparados para eles.

Despois chegou o momento de converterse en pequenos científicos e científicas 🔬✨. No obradoiro analizaron un lirio, separando as diferentes partes polas qeu está formado e pegándoas nun folio con auga e pegamento 🧪📝. Ademais, aprenderon os nomes de cada unha das partes da flor e escribíronos, descubrindo así moitas curiosidades sobre o mundo das plantas 🌱🌸.

Como non podía faltar, tamén houbo tempo para merendar e xogar ao aire libre 🥪⚽, aproveitando o bo tempo e o sol de maio ☀️😊.

Para rematar esta fantástica experiencia, realizaron unha fermosa composición artística coas flores recollidas ao comezo da actividade 🎨🌼. O resultado foi un traballo cheo de cor, creatividade e natureza.

Foi unha actividade moi enriquecedora na que a rapazada aprendeu a observar, valorar e coidar o noso contorno natural 🌍💚, desfrutando ademais dunha xornada diferente en contacto coa natureza.

🎥 Bótadelle un ollo ao vídeo e acompañádenos nesta aventura chea de flores, aprendizaxes e diversión!