luns, 10 de xuño de 2024

RUTA DA ANDORIÑA

 A rapazada de 2º de Primaria ao longo desta semana non parou. Un día fan unha andaina pola contorna coa mestra de Educación Física, outro plantan carballos e castiñeiros e por último realizan a ruta da Andoriña organizada por Patricia Reboreda (técnico medioambiental do concello de Ames). 

Si que teñen enerxía!!! Se queres ver como o pasaron ao longo desta xornada clica na imaxe.


Para maior información sobre esta ruta clica na seguinte imaxe.





venres, 7 de xuño de 2024

PLANTACIÓN NA CARBALLEIRA O AGOCHO DOS TRASNOS (VENTÍN)

No últimos anos unha actividade que desenvolvemos todos os anos, independentemente da temática do proxecto de Voz Natura é a reforestación de montes do concello de Ames con árbores autóctonas, como son o castiñeiro e o carballo. 

Polo  Magosto celebramos estas datas comendo castañas, pero ademais o alumnado sementa castañas e landras co obxecto de colaborar na conservación dos montes da contorna con especies autóctonas.

Despois de sementar  a rapazada espera vixiante a que xerminen as sementes e co paso dos días coidan as novas plantas ata que se converten nunhas árbores que podemos transplantar. Neste momento, en coordinación e colaboración de Patricia Reboreda, técnica medioambiental do cencello de Ames, organizamos unha xornada na que un grupo (en representación do alumnado do colexio do Agro) planta os castiñeiros e carballos.

O pasado 6 de xuño a rapazada de 2º de Primaria foron á carballeira O AGOCHO DOS TRASNOS, en Ventín, a plantar. 

Clica na imaxe para ver como traballaron esta rapazada!!


Por último dicir que  o xornal, La Voz de Galicia, publicou unha noticia contando o traballo realizado pola rapazada de 2º de Priamria ao longo desta xornada. 





mércores, 5 de xuño de 2024

EXPOSICIÓN DE INSTRUMENTOS MUSICAIS CON MATERIAIS DE REFUGALLO

Despois de recibir a visita de Pablo Carpintero, a rapazada decidiu contruir instrumentos  musicais con materiais de refugallo e materiais naturais. Unha vez que remataron a súa elaboración quixeron compartir o seu traballo realizando unha exposición. 

A verdade, é que é sorprendente a imaxinación e creatividade que esconden esta rapazada nas súas cabeciñas. 

Como se di, ver para crer...Bótalle un ollo ao vídeo clicando no vídeo.




domingo, 2 de xuño de 2024

A PRAIA AREOSA DA AGUIEIRA

A rapazada de 4º de Primaria realizou unha interesante xornada de aprendizaxe á praia areosa da Aguieira, en colaboración da consellería de medioambiente do concello de Ames. Así, da man de Patricia Reboreda, técnico medioambiental do concello de Ames, levouse a cabo unha xornada de aprendizaxe da flora e fauna dos nosos areais. 

Ao longo deste día exploraron as dunas  que forman a praia da Aguieira e puideron observar algas, cunchas de bivalvos (ostras, ameixas, vieira...), un ollomol, un ovo de raia..

O alumnado de 4º quere compartir parte do que aprenderon ao longo desta xornada tan interesante. Clica na imaxe.




EXPOSICIÓN DO ANIMAL E DA PLANTA DA SEMANA

 O proxecto deste curso foi A FLORA E FAUNA AUTÓCTONA, por esta razón  decidimos realizar durante todo o curso unha exposición con plantas e animais de Galicia. Esta era itinerante  porque cada semana a íamos rotando seguindo o sentido das agullas do reloxo tendo en conta as catro entradas (a porta principal, as aulas novas, a pasarela e as mariolas. Desta maneira todo o alumndado podía descubrir cada semana unha especie diferente (de plantas e de animais)

Cada aula buscou un animal e unha planta de Galicia  e aprenderon a distiguir a flora e fauna autóctonas das especies foráneas, sorprendéndose en algúns casos porque están acostumados a velas na súa contorna e pensaban que eran especies autóctonas.

Ao longo de todo o curso expuxemos algunhas especies de plantas de uso tradicional como a ruda, a menta... ou arbustos como o toxo, a xesta, as silvas... tamén ábores como o teixo, o castiñeiro, a aveleira, o carballo... 

E tamén animais como o raposo, o esquío, a bubela, o moucho, a donicela...

Con estes carteis fixemos un mural para que a rapazada poda recordar todas as especies que descubrimos con esta actividade.



Clica na imaxe e desfrutarás da exposición de Flora e Fauna do Agro.





INSTRUMENTOS MUSICAIS CON MATERIAIS DE REFUGALLO

Un dos obxectivos desta actividade é que o alumnado se decate que estamos rodeados de materiais de refugallo, pero que podemos facer para contribuir a reducir o consumo? e que podemos facer  para darlle unha segunda vida ao materil de refugallo ? Atoparon unha resposta aesta pregunta coa axuda dos especialistas de Música e vola contan a continuación.

 Coa seguinte actividade  desenvolveron a súa creatividade buscando novos usos a cartóns, botes de plástico, cápsulas de café desbotables,... e tamén emplearon elementos naturais.

A cativada de Infantil, 1º e 2º de Primaria construiron unhas maracas con cápsulas de café desbotables e encheron o seu interior con arroz ou lentellas. 

A rapazada de 6º de Primaria tamén realizaron diferentes instrumentais con diferentes materiais de refugallo (cartóns, botes...) e con materiais naturais. Esta idea xursiu despois de recibir a visita de Pablo Carpintero,  que lles amosou como construir instrumentos musicais con elementos naturais, como facían os nosos avós.

Bótalle un ollo ao vídeo e verás interesantes instrumentos musicais.






O AGOCHO DOS TRASNOS, A CARBALLEIRA DE VENTÍN

 Ao longo deste curso a rapazada do Agro visitou o AGOCHO DOS TRASNOS, que está na Carballeira de Ventín. Para recibilos está un trasno  que vixía todo o seu percorrido, no que se atopan  diferentes animais da fauna autóctona como son a bolboreta, a curuxa, a pintega, a donicela, a xoaniña...

Comezouse no outono coa caída das follas e continuouse ao longo do curso, segundo o permitían as condicións climatolóxicas.

Se queres descubrir o mundo máxico da carballeira O AGOCHO DOS TRASNOS, clica na imaxe.