xoves, 3 de abril de 2025

INNOVA AMES: 5º INFANTIL

O noso alumnado de 5º de Infantil embarcouse nunha emocionante aventura a través do proxecto "O Mundo Submarino", co que participaron no concurso INNOVAMES de proxectos educativos. O seu esforzo e creatividade foron recoñecidos cun fantástico 3º premio, un logro que nos enche de orgullo! 🏆✨

Este proxecto naceu coa misión de transmitir aos máis pequenos a importancia de coidar os océanos, os mares e os recursos mariños, fomentando ao mesmo tempo unha actitude sostible fronte á contaminación. A través de experiencias prácticas e creativas, os nenos e nenas aprenderon a protexer o medio ambiente dun xeito innovador e divertido.

Durante esta xornada especial, o alumnado tivo a oportunidade de explorar diversas propostas tecnolóxicas relacionadas co coidado do planeta. Ademais, levaron a cabo unha actividade moi especial: a plantación de sementes (papoulas, liño, sésamo...) nun sustrato único feito de terra e fariña. A ilusión con que sementaron estas pequenas vidas reflectiu o seu compromiso co medio natural.

👉 Preme no vídeo para descubrir como desfrutaron desta marabillosa experiencia! 🌱💙


 


martes, 25 de marzo de 2025

A VIAXE DUN XORNAL: 5º INFANTIL

 A rapazada de 5º de INFANTIL  participou nuhna divertida actividade de reciclaxe durante a Semana da Prensa. Desfrutou xogando co papel do xornal. Tamén embarcáronse na construción de barcos, plegando e moldeando as follas do xornal. 

Con creatividade e imaxinación comezaronA VIAXE DUN XORNAL dende as súas páxinas ata a súa transformación en algo novo, surcando os mares. 

A través desta actividade, tomaron conciencia da importancia de reutilizar os materiais e coidar o medio ambiente. Así mesmo, desfrutaron dunha experiencia lúdica e educativa. Todo un gran paso cara a concienciación ecológica dende que son pequenos e pequenas!

Clica no vídeo e desfruta da viaxe dun xornal coa rapazada de 5º de Infantil



ALOUMIÑOS :6º B INFANTIL

 A cativada de 6ºB de Infantil ao longo do que vai de curso estiveron gardando o papel de aluminio das merendas. Con estes desplegaron toda a súa creatividade transformando o papel de aluminio das súas merendas en coloridos peixes. Desplegaron a súa creatividade transformando o papel de aluminio das súas merendas en coloridos peixes, ALOUMIÑOS.

Cun enfoque na reciclaxe deron vida a pequenas obras de arte mariñas. Cada peixe, único e brillante, reflectiu a imaxinación dos pequenos artistas mentras aprendían a importancia de reutilizar e coidar o medio ambiente. Un proxecto cheo de diversión e conciencia ecológica!

Clica na imaxe e desfruta dos coloridos ALOUMIÑOS!!!








xoves, 13 de marzo de 2025

EXPERIMENTO DE 5º B: FUNCIONAMENTO DUN GEYSER

 En Proxecto Competencial, Julieta, Saínza, Álvaro e Breixo, alumnos de 5ºB, levaron a cabo un experimento baseado no funcionamento dun géyser. 

Para levalo a cabo utilizaron vinagre e bicarbonato. Con estes materiais lograron xerar unha reacción química que libera dióxido de carbono (CO2) e crear unha escuma, simulando así a forza e o efecto dun géyser real. 

A continuación, presentamos fotos e vídeo deste experimento, no que se puido observar de xeito práctico como a mestura de ambos compoñentes xera a mesma reacción que ocorre na natureza nos géysers. 

Este proxecto foi un traballo educativo e divertido que permite comprender mellor os fenómenos naturais!

Preme no vídeo para ver o efecto do géyser de 5ºB de Primaria.



O MAR NUNHA BOTELLA

 Vivimos no “Planeta Azul”, onde o 75% da súa superficie é auga, pero desgraciadamente a calidade da auga dos nosos mares e océanos é cada día peor. Polo que debemos tomar conciencia da importancia do coidado dos mares e océanos.

É importante desenvolver a conciencia desde que son moi pequenos, pois dos océanos e dos mares depende:

  • a biodiversidade mariña
  • o suministro de alimentos
  • a regulación climática
  • o disfrute e o turismo
  • o equilibrio global do planeta
A perseveración dos nosos mares e océanos é unha responsabilidade compartida que non podemos ignorar. Cada acción que levamos a cabo conta. Coidar dos nosos mares é coidar de nós mesmos!
A cativada de 5º de Infantil, despois de visionar o vídeo “La importancia de cuidar nuestros mares y océanos”, puxeron mans á obra e realizaron a munualidade “O mar nuha botella”.


Así pois, cada vez que esta cativada teña “O mar nuha botella” poderá recordar que nas súas mans teñen un fermoso anaquiño de mar e que, ademais é importante conservar limpas as súas augas se queren seguir desfrutando de felices momentos da súa vida coa familia e as súas amizades.

Preme no seguinte vídeo e desfruta coa cativada de 5º de Infantil.






luns, 24 de febreiro de 2025

HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO

O 24 de febreiro o alumnado do Agro celebrou o día de Rosalía de Castro, foi unha escritora e figura fundamental do renacemento literario galego. Para esta ocasión realizouse varias actividades, e dende o Programa de Voz Natura quixemos poñer o noso gran de area. 

Así pois, a rapazada de 1º de  Primaria plantou  pensamentos, os cales eran  unha  das flores favoritas da escritora galega.

Agardamos que desfrutedes visionando o vídeo.



xoves, 13 de febreiro de 2025

ANDAINA POLA RÍA DE NOIA

 A rapazada de 6º de Primaria, aproveitando un dos poucos días de sol, realizaron unha ruta de sendeirismo pola ría de Noia. Nesta ruta tiveron que camiñar un total de 9,20 km. 

O autobús deixounos na praia de Hornanda en Porto Son. Dende alí deron comezo a andaina. Pasaron pola praia Batuda, a praia de Telleira, mirador Punta Cabalo, praia de Boa, praia de Boa Chica, praia de Concharrao, praia de Testal, praia de Rebordiño e paseo marítimo de Noia. 

Dende a Praia de Testal e a de Rebordiño entramos en Noia cruzando pola parte peatonil por riba da ponte. Xa en Noia, a rapazada aproveitou para facer unha breve parada e tomar un pequeno petisco. Despois de repoñer forzas os rapaces e rapazas continuaron co camiño e xa na praia de Testal, tiversn a sorte de atoparse cunha señora e un señor de Noia que estaban recollendo algas. Estes explicáronlle aos rapaces e rapazas que estas plantas mariñas pódense empregar como abono natural das fincas.

Ao longo deste día  os e as maiores do colexio agro do Muiño desfrutaron dunha oentretida experiencia realizando un percorrido pola beira da ría de Noia.