xoves, 13 de febreiro de 2025

ANDAINA POLA RÍA DE NOIA

 A rapazada de 6º de Primaria, aproveitando un dos poucos días de sol, realizaron unha ruta de sendeirismo pola ría de Noia. Nesta ruta tiveron que camiñar un total de 9,20 km. 

O autobús deixounos na praia de Hornanda en Porto Son. Dende alí deron comezo a andaina. Pasaron pola praia Batuda, a praia de Telleira, mirador Punta Cabalo, praia de Boa, praia de Boa Chica, praia de Concharrao, praia de Testal, praia de Rebordiño e paseo marítimo de Noia. 

Dende a Praia de Testal e a de Rebordiño entramos en Noia cruzando pola parte peatonil por riba da ponte. Xa en Noia, a rapazada aproveitou para facer unha breve parada e tomar un pequeno petisco. Despois de repoñer forzas os rapaces e rapazas continuaron co camiño e xa na praia de Testal, tiversn a sorte de atoparse cunha señora e un señor de Noia que estaban recollendo algas. Estes explicáronlle aos rapaces e rapazas que estas plantas mariñas pódense empregar como abono natural das fincas.

Ao longo deste día  os e as maiores do colexio agro do Muiño desfrutaron dunha oentretida experiencia realizando un percorrido pola beira da ría de Noia.