Recibimos a visita dos papás de Iván, un neno de 5º B de Infantil. Estes realizaron un experimento sobre o peixe globo. Trouxéronnos a PUFI ( un peixe globo) e contáronnos un conto no que este era o protagonista e onde se poñía en valor a importancia de compartir.
Poidemos coñecer algunhas curiosidades deste peixe e comprobar como se inflan golpeando globos que contiñan unha mestura de bicarbonato e vinagre.
Foi moi divertido!!
Pero como o de verdade .... ese peixe podía ser tóxico, así que despois de xogar con eles lavamos ben as mans pero non os levamos á casa por precaución.
Tamén nos deron un agasallo coa inicial do noso nome que nos encantou.
Mirade, mirade: