Ao longo do mes de decembro as nenas e nenos de Educación Infantil participaron en varios experimentos, empregando obxectos representativos do Nadal.
De novo, poñemos a bata e a mirada científica: Plantexamos hipóteses (o que nos esixe pensar que cremos que vai ocorrer), comprobámolas e, finalmente, buscamos as razóns de por que o experimento resulta de tal xeito.
E así foi como camiñamos polo sendeiro da ciencia un mes máis...
Experimento da vela:
Nun prato con auga colocamos unha vela e prendémola. Ao tapala cun vaso vemos que a vela se apaga e o nivel da auga do prato comeza a descender mentres dentro do vaso sube.
Por que sucede isto? A vela apágase porque o osíxeno do interior do vaso se esgota e, polo tanto, non se pode facer a reacción de combustión.
Pero... Por que a auga comeza a meterse dentro do vaso? Sen a combustión, os gases do interior da botella enfríanse rapidamente. Así, o descenso da presión fai subir a auga.
Experimento da bolsa "boneco de neve":
Nunha bolsa, na cal debuxamos un boneco de neve, engadimos vinagre. Xiramos a bolsa para botar na parte de arriba bicarbonato e pechámola. Posteriormente, deixamos mesturar os elementos e vemos a reacción que se produce, comprobando as nosas hipóteses: para sorpresa da maioría, o bicarbonato reacciona co vinagre producindo dióxido de carbono, o que fai inflar a bolsa ata case explotar.
Experimento do debuxo que perde a cor:
Debuxamos nun papel un obxecto relacionado co Nadal, introducímolo nunha bolsa, repasamos cun rotulador permanente a silueta e introducimos a bolsa co debuxo nun vaso con auga. Observándoo desde arriba, vemos que o debuxo queda ser cor ao meterse na auga, quedando só visible a silueta. Porén, se miramos de frente, non só vemos a silueta senón tamén a cor e... o debuxo agranda!
Isto débese á refracción da luz; fenómeno polo cal a luz que se propaga en forma de onda cambia de velocidade ao pasar dun medio material a outro (do aire á auga).
PREME NA IMAXE E DESFRUTA COA RAPAZADA DE INFANTIL!!