O coidado dun invernadoiro escolar axuda a educar aos rapaces e rapazas no coidado e respecto cara ao medio ambiente, contacto coa natureza...
No Agro parécenos importante educar na responsabilidade e respecto ao medio ambiente e somos conscientes da relevancia que cobra a natureza nas nosas vidas. Por estas razóns é que levamos a cabo accións que teñen por obxecto tomar consciencia e coidar a natureza, partindo da nosa contorna.
Como contamos cun pequeno invernadoiro escolar, os rapaces e rapazas de 4ºA de Primaria puideron desfrutar plantando leitugas, acelgas, remolacha, coliflor, brecolí, repolo, alloporro...
A partir da plantación comeza o traballo duro e novas responsabilidades. Por exemplo, cando vaian ao invernadoiro será: mirar se é preciso regar, recoñecer e arrincar as malas herbas, observar o crecemento das plantas, detectar a aparición de plagas...
Se queres ver o que andan a facer no invernadoiro e nos seus arredores os de 4º A clica na imaxe.