xoves, 25 de abril de 2024

PAPEL PLANTABLE CON SEMENTES DE 4 ANOS B

 ¿Oíchedes algunha falar de papel plantable con sementes? Os rapaces e rapazas de 4 anos B amósannos como podemos aproveitar o papel usado e darlle un segundo uso. Desta maneira evitamos que sexa preciso arrincar  árbores para realizar esta actividade. 

Desde o Agro do Muiño con este tipo de actividade contribuimos ao coidado do medio ambiente e reducimos  a xeración de residuos e o consumo de papel. 

O papel plantable con sementes de albabega elabórase con materiais que todos os días estamos a botar o lixo (panos de papel de secar as mans, folios usados...), unha vez que fan unha pasta con todos os anacos de papel engádese sementes.  Estes anacos de papel plantable finalmente entérrase , bótaselles auga e esperamos que xerminen dando vida a unha nova planta.

No seguinte vídeo poderedes observar todo o proceso que realizaron os nenos e nenas de 4 anos B.