Os cativos e cativas da aula de 5ºA de Infantil están concienciados e concienciadas co coidado do medio ambiente, polo que queren contribuir dándolle unha segunda vida ás toalliñas que empregan para limpar.
Ao longo deste curso os nenos e nenas pintan, escriben e traballan a grofomotricidade con rotuladores de tiza líquida. Despois limpan as pizarras coas toalliñas húmidas e estas quedan cheas de cor, polo que en vez de tiralas ao lixo decidiron gardalas para darlles unha segunda vida moi pintoresca.
Se queredes descubrir o que andan a facer estes rapaces e rapazas de 5ºA de infantil, bótalle un ollo ao seguinte vídeo.