Coa chegada da primavera comeza o tempo de arrincar as malas herbas, preparar o terreo para plantar e otros traballos necesarios para adornar os xardíns e ter a horta preparada para unha nova colleita. Así é que estivemos adicando estas últimas semanas a preparar os xardíns do patio de Primaria para a súa replantación con plantas ornamentais (xeranios, calas, begoñas...).
Por último dicir, que os rapaces e rapazas de Primaria, ao igual que os de Infantil, tamén quixeron reutilizar as rodas dos coches para plantar amorodos e outras plantas ornamentais.
No seguinte vídeo os rapaces e rapazas de 2º B plantaron amorodos nas rodas.
Por último, coa chegada da primavera adecentamos os xardíns que están na entrada do colexio. Bótalle un ollo.