xoves, 28 de novembro de 2024

ANDAINA POLO XIRIMBAO

O alumnado de 5º de Primaria realizou unha saída de senderismo o xoves 14 de novembro. A mestra  de Educación Física foi a responsable de organizar o itinerario. Para esta ocasión planteou unha ruta circular pola beira do río Ulla.

O punto de partida foi Pontevea, no concello de Teo. Pasaron pola pasarela Mariola, tamén coñeceida como Xirimbao, esta é unha ponte colgante da área recreativa do Xirimbao ( Teo ). A ponte do Xirimbao é unha estructura metálica peculiar, que permite comunicar as dúas ribeiras do río Ulla, que separa as provincias de A Coruña e Pontevedra. 



Continuaron o camiño e viron os restos que quedan do muíño do Cachón. Despois cruzaron a praia fluvial da Praíña e chegamos ata a área recreativa da burga de Xermade onde merendaron.



Durante a ruta as rapazas e rapaces viron moitos castiñeiros.Baixo a súa copa viron que había moitísimas castañas, polo que aproveitaron para facer breves paradas nas que varios alumnos e alumnas recolleron castañas que había no camiño. Eran unhas castañas moi grandes e que estaban en moi bo estado, a pesar de que xa estaban a mediados de novembro.  

Finalmente, remataron a andaina na ponte romana de Pontevea, lugar onde lles esperaban os buses para volver ao colexio.

Clica na imaxe se queres ver o ben que o pasaron ao longo da andaina polas paraxes naturais do Xirimbao.