sábado, 30 de novembro de 2024

O OUTONO NO MAR

As nenas e nenos de 6° A de Infantil  recolleron follas, típico da estación do outono.  Entre todo o que recolectaron, lograron unha gran variedade de follas, tanto en canto a cores como a formas.

Unha vez que tiñan tantas follas recollidas, que mesmo parecía que podían nadar entre follas, é que se reuniron para debater que podían facer con elas e como podían relacionalo coa temática deste ano "O Mundo Mariño". Despois de estar falando un bo rato é que xurdiú a idea de que " e se lle poñemos ollos  e as convertimos en peixes, polbos, medusas..."

Desta maneira, a rapazada de 6ºA de Infantil convertéronse nuns artistas que foron capaces de levar O OUTONO NO MAR.  As súas obras destacan pola súa creatividade e orixinalidade.

Son uns pequenos e pequenas artisitas. Se queredes ver unha pequena mostra da súa creativide, clica na imaxe.