sábado, 30 de novembro de 2024

KOINOBORIS

 O alumnado de 6º de Infantil no Día da Infancia realizou varias actividades, entre elas cabe destacar a creación de KOINOBORIS. 

Koinobori é un papavento xaponés en forma de peixe, que se usa para celebrar o Día do Neno. Nesas datas, as familias colgan no exterior das súas casas os Koinoboris coa esperanza de que os seus nenos e nenas se fagan cada vez máis fortes. 

Camiñar polas rúas de Xapón vendo este espectáculo visual é impresionante. Cómpre destacar que os Koinoboris están cargados de sentido e desexos de benestar para a rapazada, para que esta vaia medrando fortes e sans.

Para esta actividade, os cativos e cativos de 6º de Infantil utilizaron material de refugallo, como rolos de papel hixiénico e papel de cociña, así como restos de follas de papel de cores. Colorearon, troquelaron, cortaron tiras de papel... como froito do seu traballo crearon uns orixinais e coloridos Koinoboris. 

Preme na imaxe se queres desfrutar dos fermosos Koinoris creadaos pola rapazada de 5 anos.