Laura, a nai de Manu de 5º B de Infantil, visitounos e contounos o conto titulado: "A vella quenlla perde os dentes". A cativada estivo moi atenta desta vella e despistada quenlla que unha noite confundiu unha pedra cunha rica e saborosa madalena...
Despois, fíxonos un precioso experimento: metemos unha morea de pedriñas e cunchas dentro dunha botella, e enchémola con agua, aceite e unhas gotiñas de colorante alimenticio. Ao axitala podiamos ver as ondas do mar e as burbullas.
Desta maneira os nenos e as nenas de 5ºB de Infantil poden ter o mar preto cada vez que o boten de menos.
Mirade como desfrutaron esta cativada e que chulada lles quedou o experimento.