domingo, 10 de novembro de 2024

IMOS DE ANDAINA COA RAPAZADA DE 3º DE PRIMARIA

O martes 29 de octubre a rapazada de 3º nivel de Primaria realizó unha saída de sendeirismo organizada pola mestra de Educación Física. 
Para esa ocasión Alicia preparo unha ruta circular de 7 km que saía dende o aparcamento de Angueira de Castro. Ao longo do recorrido o alumnado, con paso lixeiro, pasou polas aldeas de Xinzo, Beca, por diante da depuradora de Teo e preto da carballeira do San Martiño.
A media mañá a rapazada merendou na explanada da ponte Paradela, no concello de Brión, preto do castro Lupario. Después de tomar un breve petisco y recuperar forzas,   os nenos e nenas recolleron, puxéronse en marcha e proseguiron pola parte de abaixo do castro Lupario. 
Continuaron co percorrido, pasaron polo merendeiro do río Tinto e polo camiño que vai pola beira do río Tinto xunto ao pazo do Faramello (concello de Rois). 
No souto que hai ao carón do pazo, os nenos e nenas atopáronse con castiñeiros aos que lles caerán moitos ourizos cheos de castañas, varios dos alumnos e alumnas aproveitaron para recordar algunhas castañas. Eran unhas castañas grandes e sabrosas.
Por último, remataron unha ruta circular regresando ao lugar de partida,  a aldea de Angueira de Castro, onde o autobús  recolleu a todos e todas para regresar.
Por último, unha vez que estiveron de volta no colexio, compartiron as castañas e follas das árbores coas que se foron atopando ao longo da andaina. 

Clica na imaxe se quiere ver o ben que o pasou a rapazada de 3º de Primaria ao longo da andaina.