xoves, 5 de decembro de 2024

FALADOIRO: O MUNDO MARIÑO (5º INFANTIL)

Un ano máis a cativada de 5º de Infantil recibiu a visita de Irene, a avoa científica. Ao igual que as veces anteriores veu a ensinarnos moita ciencia aos nenos e nenas.
Acostumada como está a tratar con rapaces e rapazas, acercoulles o mundo mariño á aula. Todos e todas  quedaron abraiados coas especies de flora e fauna mariña que trouxo e das curiosidades que lles contou. Como por exemplo, que nese día acaban de atopar o coral máis grande do mundo e que mide  quilómetros; que hai percebes brancos e que son moi raros de atopar; que hai peixes que teñen plumas; aves mariñas...  e moito máis que poderedes ver no vídeo.
Por útimo, dicir que agradecemos a Irene a súa colaboración que nos brinda ano tras ano... 
Preme na imaxe se queres ver como Irene conseguiu espertar a curiosidade dos máis cativos e cativas.