Os cativos e cativas de 1ºA ao longo do outono realizou varias actividades relativas á redución e reutilización de materiais de refugallo. Entre elas está a elaboración de trompos con materiais de refugallo.
Aínda que xa hai tempo que o celebramos o San Martiño, non queríamos esquecernos dos trompos. Un dos xogos populares por excelencia, ao que na actualidade siguen xogando os nenos e as nenas. Os rapaces e rapazas cando xogan aos trompos teñen que facelos "bailar", tafera nada sinxela.
As buxainas poden ser de diferentes materiais: madeira coa punta metálica, toda ela de metal, de papel... A rapazada para essta ocasión elaborou os trompos con folios usados e con anacos de lá.
No vídeo podemos ver como desfrutaron facendo "bailar" aos trompos de papel. Preme na imaxe se queres compartir este momento de ledicia.