venres, 6 de decembro de 2024

UN EXPERIMENTO CON 1º A, O SLIME

 O alumnado de 1º A segue a desfrutar coa ciencia e realizou un novo experimento, O SLIME. Este é unha masa viscosa, parecida a un moco e que ademais é pegañenta. Os nenos e as nenas  desfrutan sentido como esta masa se lles escorre entre os dedos.

Cando a mestra lles dixo que ían facer un Slime ,todos e todas puxéronse mans na masa. Precisaron os seguintes ingradientes:

  • 10 culleradas de fariña de trigo ou fariña de millo
  • 100 ml de auga
  • Gotas de colorante alimenticio 
  • 20 ml de aceite.
Nun recipiente de plastico botaron os ingredientes anteriores e os mesturaron. Como resultado final lograron unha masa viscosa que levaron ás súas casas.

Según puideron comprobar os SLIME quedan mellor se se emprega fariña de millo en vez da de trigo.

Calquera que vexa como traballaron a estes rapaces e rapazas pensará que desfrutaron moito con esta experiencia. Preme na imaxe se queres comprobalo por ti mesmo ou mesma.