Mans pequenas, corazóns grandes: limpeza na Praia de Broña 🌿
Descubrindo, coidando... e aprendendo na natureza!
O pasado 22 de maio, a cativada de 6º de Infantil do Agro do Muíño viviu unha xornada moi especial na Praia de Broña, situada na Serra de Outes. Rodeados de mar, montaña e moita natureza, os pequenos e pequenas converteron o areal nun aula ao aire libre, onde aprenderon que tamén poden axudar a coidar o planeta 🌍.
En colaboración coa Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ames, organizamos unha xornada de limpeza na Praia de Testal, coa inestimable axuda de Xuxo e Sergio, dous grandes aliados na tarefa de concienciación ambiental, quen nos acompañaron unha vez máis nesta aventura de aprendizaxe e compromiso ecolóxico.
🌊 Un día para limpar, descubrir e xogar
Durante a mañá, os nenos e nenas percorreron a praia atentos a todo o que atopaban: tapóns, anacos de plástico, cordas, madeiras, envoltorios... Os cales foron retirados grazas ás pequenas mans do noso alumnado 💪💚.
Despois da recollida, houbo tempo para tomar un breve petisco e, por suposto, xogar e desfrutar deste día. ✨.
💬 A natureza tamén fala... só hai que escoitala
A través desta experiencia, as nenas e nenos descubriron que a praia é un espazo vivo, que precisa do noso respecto. Comprenderon que todo o que tiramos ao chan pode acabar no mar e que incluso os máis pequenos poden facer cousas importantes para protexer o mundo que habitamos 🌱.
🎥 Se queres ver o ben que o pasamos e como traballou esta cuadrilla ecolóxica, preme no vídeo e mergúllate con nós nesta xornada de aprendizaxe e diversión! 🌈🌊