domingo, 25 de maio de 2025

A PATRULLA VERDE DO AGRO ESTÁ EN ACCIÓN

 

♻️ O cole Agro vólcase co planeta!

A Patrulla Verde está en acción 💚🌍

No noso cole, o coidado do medio ambiente non é cousa só dos maiores... ¡Aquí todos e todas poñen o seu gran de area, desde os máis peques de Infantil ata os de Primaria! 🐛🌱

A rapazada do Agro do Muíño está feita unha auténtica brigada ecolóxica, que separa os residuos das súas merendas para botar nos nosos composteiros. Si, si, como o les: os restos orgánicos van parar a unhas caixas máxicas que converten as peles de froita e outros residuos nun ouro para a terra: o compost! 🍌🍎➡️🌱

🪱 Onde están os composteiros?

👉 No patio de Primaria, xunto ao noso invernadoiro, temos un dos composteiros máis traballadores do cole.
👉 No patio de Infantil, está o outro, no Triángulo das Árbores Froiteiras, rodeado de natureza e curiosidade infantil.

🦟 A misión (ás veces cheira e move...)

A tarefa non sempre é agradable… Porque ás veces, as moscas dos composteiros fan acto de presenza 🦟😖. Pero iso non para á nosa Patrulla Verde, que segue adiante con valor e compromiso, mesmo entre “ataques voadores”!

En Infantil, cada día toca a unha aula levar o cubo dos restos ao composteiro 🪣, mentres que en Primaria, organízanse en quendas semanais, vestindo chalecos verdes e con lúas postas 🧤 para que todos e todas os recoñezan.

Estes superherois e superheroínas ecolóxicos encárganse de:

  • Revisar que se separan os residuos correctamente

  • Botar os restos no composteiro

  • Vixiar que non haxa lixo no chan

  • Concienciar ao resto do cole

💚 Un recoñecemento moi especial

Queremos recoñecer o traballo de todo o alumnado, e moi especialmente das Patrullas Verdes, que fan unha labor importantísima día a día, axudando a que o cole sexa máis sostible, limpo e responsable co planeta 🌎✨.

🎥 Queres ver como traballan estes pequenos heroes verdes?
Preme no vídeo para descubrir como o Agro do Muíño se converteu nun cole comprometido co medio ambiente! 🍃💪