martes, 13 de maio de 2025

ACABOUSE O DÍA... ACABOUSE A ROMERÍA!

 🌸 Acabouse o día... acabouse a romería! 🌿

Durante a xornada do 2 de maio, a cativada de Infantil encheu o colexio de cor construíndo fermosas estruturas con elementos vexetais. Usaron follas, flores e ramas de todo tipo: 🌿 Fiuncho, xestas, pampullos, estalotes, cartuchos, rosas, fieitos, hedras...

🧹 Pero... todo o que comeza, ten un final

Como di o refrán: "Acabouse o día, acabouse a romería". E tocou recoller. A tarefa non foi a favorita da cativada... as flores estaban xa murchas e algunha cara de noxo apareceu ao atopar pequenos bichiños entre as follas 🐛😅. Pero aínda así, todos e todas colaboraron e fixeron unha recollida como auténticos expertos en limpeza natural.

♻️ Todo ao composteiro!

O mellor de todo é que todo o material orgánico foi parar ao composteiro da zona de Infantil. Así, ademais de recoller, tamén aprendemos sobre reducir residuos e darlles unha segunda vida ás plantas, transformándoas en compost para alimentar a terra.

🎥  No seguinte vídeo poderedes ver á nosa cativada en acción. Non volo perdades! Desfrutade do vídeo que deixamos a continuación, onde se pode ver o gran traballo feito pola cativada, con algunha que outra expresión divertida polo camiño 😄