🌱 De chocolate a flor: unha segunda vida chea de cor
No Agro témolo claro: a natureza forma parte das nosas vidas e coidala é responsabilidade de todos e todas. E se sementamos valores como o respecto e a responsabilidade dende ben pequenos... ¡mellor que mellor
💚Nestes días, o alumnado de 6º de Infantil embarcouse nunha nova aventura verde: crear os seus propios semilleiros de tagetes! Pero non foi unha tarefa calquera. Para comezar, reutilizaron os vasos do chocolate quente que tomaron no Nadal, dándolles unha segunda vida e demostrando que tamén se pode aprender a coidar o medio ambiente a través de pequenos xestos.
🌱Con mans na terra e moita ilusión, prepararon os semilleiros, sementaron as sementes e agora observan como, aos poucos, as primeiras plantiñas van agromando. É marabilloso ver como o coidado, a paciencia e o respecto pola natureza dan froitos... ou flores, neste caso! 🌼
🎬 Neste vídeo podedes ver ao noso alumnado de 6º en plena acción! Con entusiasmo e creatividade, reutilizaron materiais, aprenderon a preparar a terra e sementaron con moito mimo. Un xeito divertido e responsable de dar unha segunda vida aos obxectos, ao tempo que desenvolven actitudes sostibles e valores que medran con eles.
Non perdades detalle do proceso: desde o preparado dos vasos ata o momento de sementar... e máis alá! 🌱💚