mércores, 14 de maio de 2025

MERGULLÁMONOS NA RECICLAXE COA CATIVADA DE 6ºA DE INFANTIL

 

🌊 Un océano de creatividade... feito con refugallo!

Na aula de 6ºA de Infantil decidimos poñer rumbo ao fondo do mar sen saír da escola. ¿O obxectivo? Crear un ecosistema mariño con moito arte, moita cor… e sobre todo, moito compromiso co medio ambiente!

Todo comezou cunha caixa de zapatos, que se converteu no noso océano en miniatura. Para darlle forma, empregamos materiais de refugallo que tiñamos pola aula ou que cada quen trouxo da casa. Porque cando se trata de reciclar, aquí todo vale… e todo serve!

👉 Para o fondo mariño usamos unha caixa de cartón e papel de xornal cuberto con area, creando así unha base perfecta para a vida mariña.
👉 Os peixes saíron de cápsulas de café aplastadas e recortadas, ás que lle puxemos ollos, aletas e moita cor.
👉 Co papel de aluminio dos bocatas, creamos un banco de sardiñas que brilla coma se fose de verdade.
👉 E ata con paus das árbores de kiwi montamos unha batea que flota no noso océano como as reais!

Cada cativa e cativo puxo toda a súa creatividade, coidado e ilusión neste proxecto. Ademais de aprender sobre os ecosistemas mariños, reflexionamos sobre a importancia de reutilizar e reducir o lixo que xeramos cada día. Porque o planeta tamén se coida con pequenos xestos… e con grandes ideas!

O resultado? Un colorido fondo mariño cheo de vida, feito con materiais que ían para o lixo e que agora son parte dunha obra de arte colectiva. Un proxecto que mestura educación ambiental, reciclaxe e moita imaxinación.

🎥 Desfrutade do vídeo onde podedes ver todo o proceso e, por suposto, o resultado final. Avisamos: hai peixes brillantes, bateas flotantes e moito máis!