luns, 12 de maio de 2025

CELEBRAMOS A FESTA DOS MAIOS EN INFANTIL

 

O Mes das Flores: Celebramos OS MAIOS en Infantil

Como ben di o saber popular, maio é o mes das flores, e tamén da tradición. Un ano máis, e como xa é costume no noso centro, o alumnado de Educación Infantil celebrou a festa dos Maios, unha das expresións máis fermosas da nosa cultura galega.

Nesta ocasión tan especial, os nenos e nenas trouxeron da casa unha chea de plantas e flores típicas da nosa contorna: fiuncho, xestas, pampullos, estalotes, cartuchos, rosas, fieitos, hedras... Con moita ilusión, traballo en equipo e creatividade, elaboraron diferentes figuras florais para dar vida aos seus propios Maios, convertendo o patio nun auténtico xardín cheo de cor, arrecendo e alegría.

Esta actividade, ademais de festiva, é unha oportunidade perfecta para coñecer e valorar a nosa tradición popular, o respecto pola natureza e o traballo colaborativo, tres valores que coidamos con moito agarimo.

Se queres ver como desfrutaron deste día tan especial, clica na imaxe e déixate levar pola ledicia e a cor da primavera que os máis pequenos souberon celebrar como merecen.

🌸🌿 Viva o mes de maio! Viva os Maios! 🌿🌸