Sementando Futuro: Plantamos un Magnolio en Infantil
No noso compromiso co coidado do medio ambiente e a educación en valores, o alumnado de Educación Infantil protagonizou unha xornada moi especial:
"A plantación dun magnolio no areeiro do seu patio".
Con mans pequenas pero cheas de ilusión, fixeron algo moi grande: plantaron vida. Escolleron un magnolio, unha árbore fermosa, de folla perenne e fermosa flor branca, que co tempo dará sombra, frescura e beleza ao espazo onde xogan cada día.
Hoxe plantan unha pequena árbore, mañá xogarán baixo o abrigo da súa sombra. Un símbolo perfecto do que sementamos na infancia: coidado, respecto e esperanza.
🌞 Porque a sombra que hoxe soñamos será mañá refuxio de xogos e ledicias.
Este pequeno xesto forma parte do noso traballo constante para concienciar sobre a importancia de protexer a natureza e os espazos que compartimos. Plantar unha árbore é tamén unha forma de deixar pegada no mundo, de facer comunidade e de mirar cara ao futuro con responsabilidade.
🌿 Porque a natureza tamén se coida dende pequenos.
No vídeo que vos deixamos a continuación, podedes ver como desfrutaron desta experiencia e como, con ilusión e entusiasmo, a rapazada de Infantil participou en cada paso do proceso.
Desfrutade do visionado e medremos todos xuntos co noso magnolio.